A nosa historia
Acórdome coma se fose onte.
Xuntos, prometimos algo, traballar con ilusión o soño da nosa nai.
Transformar o ultramarinos dos avós nun restaurante familiar con identidade propia onde prima a calidade e o cariño por encima de tódalas cousas.
1999 – Compra da casa e comezo das obras para convertila en restaurante
2000 – Unha obra privada solicita a apertura de restaurante, inmediatamente vémonos obrigados a traballar cunha cociña de camping-gas
6 de xaneiro de 2001 – 1ª caldeira de pulpo á feira…. e seis meses despois…
15 de xullo de 2001 – Abrimos Lembranza con Rubén e David García como xerentes e cun menú do día de 1.000 pesetas
Xullo de 2005 – Inauguración da zona axardinada para eventos
Setembro de 2010 – Aluguer do negocio… primeiras vacacións da familia xunta
2012 – Reapertura de Lembranza Orixe con Rubén García como xerente
2016 – Cambio de xerencia. Elena García. Establécese menú do día a 10€
O noso segredo
Din que nunca se debe desvelar os ingredientes do éxito.
O noso segredo e encher os nosos platos de tradición, calidade, sabor e unha dosis de cariño abundante.
Os demáis ingredientes deixámolos para disfrutar in situ.